CRTVG

Buscar

Prado comeza o mundial de MXGP no sétimo posto, lonxe dun imparable Gajser

Publicado o 13/06/2021 16:10

A primeira carreira do GP de Rusia non foi boa para Jorge Prado. Despois de facer a primeira volta máis rápida sufriu un percance na segunda volta que o levou ao posto 23. Tocoulle remontar e acabou no noveno posto despois de superar a catorce pilotos. O gañador foi Tim Gajser por diante de Febvre, Cairoli e Herlings. 

Na segunda tampouco se puido ver a mellor versión do piloto lucense que estivo na pelexa pola sétima e oitava posición.

Na clasificación xeral Gajser sumou pleno de puntos (50) por diante de Herlings e Febvre. Prado é sétimo a 25 puntos do líder. 

Noticias web

13/06/2021