Caetano Horta xa está en Noia logo de vivir "a mellor experiencia da vida"
Publicado o 01/08/2021 19:45
O padexeiro noiés Caetano Horta regresou a España despois do seu paso polos Xogos Olímpicos de Tokyo. Alí conseguiu un diploma olímpico ao acadar o sétimo posto no dobre scull en peso lixeiro. Un resultado extraordinario se temos en conta a idade dos dous españois que compoñían o equipo. Horta ten 18 anos e o seu compañeiro Manel Balastegui, 21.
O galego definiu a experiencia como "a mellor da vida" e xa ten na cabeza o ciclo olímpico de París, dentro de tres anos, no que agarda chegar cun equipo moito máis sólido e con opcións de facer algo grande.