CRTVG

Buscar

Caetano Horta, rumbo aos xogos olímpicos

Publicado o 12/04/2021 21:29

Sumamos un novo deportista galego aos xogos olímpicos. O remeiro Caetano Horta acaba de clasificarse para Toquio, logo dunha brillante actuación esta fin de semana. O noiés acudirá á cita olímpica con tan só dezaoito anos. Na especialidade de dobre scull lixeiro. Faino co xerundense Manel Belastegui.

Nos Europeos celebrados en Varese gañaron a final B. Era a súa primeira competición xuntos. Caetano Horta suplira neste barco o moañés Rodrigo Conde, que renunciou. En tres semanas poderán preparar os xogos na Copa do Mundo.

Noticias web

12/04/2021