CRTVG

Buscar

Caetano Horta remata en grande gañando a Final B e cun diploma olímpico

Publicado o 29/07/2021 06:57
Caetano Horta remata en grande gañando a Final B e cun diploma olímpico

O dobre scull de peso lixeiro español formado polo noiés Caetano Horta e o catalán Manel Balastegui rematou en grande. Gañou a Final B e acabou no sétimo posto cun diploma olímpico e igualando o resultado do último europeo, grande obxectivo antes de comezar os Xogos Olímpicos.

Na Final B conseguiron estar por diante de Polonia, Ucraína e Canada. Os catro barcos chegaron en dous segundos de diferenza pero cos españois por diante.

Cómpre lembrar que Horta e Balastegui son, con diferenza, a parella máis nova do circuíto. Entre os dous non chegan aos corenta anos; demostran así que o futuro do remo español pasa por eles e pensan en mellorar para chegar a París moito máis curtidos. En só catro meses de traballo conxunto conseguiron un resultado inimaxinable no mes de marzo.