CRTVG

Buscar

Caetano Horta, o primeiro deportista noiés nuns xogos olímpicos

Publicado o 11/06/2021 15:27

Caetano Horta será o primeiro olímpico de Noia. Alí o comercio local e a confraría de pescadores únense para apoiar o deportista. Unha liña de roupa co seu nome servirá para fortalecer economicamente a súa carreira, como a axuda prestada pola confraría.

"Quero gozar, coñecer o mundo olímpico e tentar estar cos mellores. Loitar polas medallas", declarou Horta.

Dezaoito anos, esta semana examinouse da selectividade. Estará nos xogos na proba de dobre scull. Por certo, no acto coincidiu co mítico Franco Cobas, que foi olímpico en 1960.

Noticias web

11/06/2021