CRTVG

Buscar

Caen un 40% as solicitudes de Erasmus pola Covid-19

Publicado o 13/09/2020 14:45


A pandemia da covid-19 frustrou os plans de moitos estudantes que renunciaron a continuar cos seus estudos no estranxeiro por medo aos contaxios. A pesar de que este curso o programa Erasmus fixo algúns cambios, como unha maior flexibilidade nos desprazamentos e a posibilidade de combinar clases presenciais ou virtuais, as solicitudes para o primeiro cuadrimestre caeron case á metade.

Con todo, a vicerreitora de Internacionalización da Universidade da Coruña asgura que as previsóns eran aínda máis pesimistas. Neste descenso influíu a propia prevención dos estudantes pero tamén que algúns centros xa anunciaron en xuño que non aceptaban erasmus para cumprir as ratios. Tamén houbo algúns vetos a estudantes procedentes de España.

Esta situación tamén complica o financiamento dos programas Erasmus. As axudas só se manterán se o alumno se despraza, aínda que despois opte polas clases telemáticas. Os galegos prefien Polonia, Italia, a República Checa ou Alemaña. A Galicia veñen sobre todo franceses, polacos, italiano e romaneses.

Noticias web

13/09/2020