CRTVG

Buscar

Caen os casos activos de covid-19 en Galicia a niveis de finais de agosto: 3.257 (-165)

Publicado o 10/03/2021 10:05

• A presión hospitalaria mantense estable, con 366 persoas ingresadas (-3)

• Van máis de tres semanas coa positividade por debaixo do 5 %

Caen os casos activos de covid-19 en Galicia a niveis de finais de agosto: 3.257 (-165)

A terceira vaga continúa remitindo en Galicia. Van 35 días consecutivos en que se reduce o número de casos activos. Hoxe segundo os últimos datos do Sergas hai 3.257 persoas con covid-19 no país, 165 menos ca onte. Detectáronse 168 novos casos, dos cales 142 se diagnosticaron mediante unha proba PCR.

Por áreas sanitarias, a repartición é:

A Coruña: 1.196 (-15)

Vigo: 573 (-37)

Pontevedra: 419 (-23)

Santiago: 357 (-22)

Lugo: 244 (-38)

Ferrol: 260 (-19)

Ourense: 209 (-11)

A presión hospitalaria mantense estable

Nos hospitais galegos a situación segue practicamente igual á de onte. Hai 366 persoas ingresadas: 289 en planta (-3) e 77 nas unidades de coidados intensivos (=).

Onte o Sergas comunicou o falecemento de cinco persoas nos últimos días, que eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.283.

Tres semanas por debaixo do 5 % de positividade

Segundo o Sergas, realizáronse 6.937 probas PCR (+1.786) onte, das cales deron positivo 142. Isto supón unha taxa de positividade do 2,05 %. Van xa 23 días consecutivos con menos do 5 %, o limiar máximo recomendado pola OMS para dar a pandemia como controlada.

Mapa de incidencias