CRTVG

Buscar

Caen as hospitalizacións (-16) e baixan os casos activos por décimo día consecutivo

Publicado o 01/06/2021 10:11

• Galicia baixou preto de 350 casos activos nunha semana

• A última vez que houbo menos ocupación das UCI foi o 8 de setembro do ano pasado

• Galicia, máis preto do risco baixo e de relaxar as medidas

Caen as hospitalizacións (-16) e baixan os casos activos por décimo día consecutivo

Galicia continúa cunha evolución da pandmeia positiva. Nesta décima xornada consecutiva de baixada de casos activos, o Sergas notifica 2.208 casos, 54 menos ca onte. É a cifra máis baixa dende o 9 de abril. A nosa comunidade autónoma reduciu preto de 350 casos activos nunha semana, case 600 en dúas.

Por áreas sanitarias a repartición sería a seguinte:

A Coruña: 367 (-35)

Ferrol: 95 (+3)

Lugo: 262 (+9)

Ourense: 164 (-6)

Pontevedra: 262 (-8)

Santiago: 396 (-14)

Vigo: 662 (-3)

Segue aliviando a presión asistencial

As cifras nos hospitais melloran. Hai 109 persoas ingreadas (-16): 84 en planta (-10) e 25 nas UCI (-6). A última vez que houbo menos persoas nas UCI foi o 8 de setembro do pasado ano.

Por desgraza, aumentou a cifra de falecidos ata os 2.419. Os pasamentos son o dunha muller de 94 anos o día 30 no Hospital Virxe da Xunqueira (Cee) e o dun home de 74 anos o día 31 en Povisa.

Poucos positivos e baixa positividade

Nos últimos días os datos relativos a novos positivos diarios experimentaron unha importante caída respecto aos rexistrados hai unha ou dúas semanas. Hoxe (con datos consolidados onte ás 18:00) 94 das 3.703 probas PCR deron positivo; iso implica unha taxa de positividade do 2,54 %.

Mapas de incidencia por concellos