CRTVG

Buscar

Caen a venda e os prezos de combustibles

Publicado o 24/03/2020 16:16

Nun día normal, os surtidores desta gasolineira da Coruña, situada no polígono industrial da Grela, non pararían de funcionar. A restrición dos desprazamentos e a caída da actividade económica fan que as gasolineiras afronten unha baixada de vendas sen precedentes.

A baixada das vendas ten tamén efectos no emprego. Nesta estación de servizo pasaron de ter catro traballadores por quenda a só dous. 

No total de Galicia a caída das vendas é ainda maior que nesta gasoleira. Segundo a ultima estimacion que acaba de facer a Federación Galega de Estacións de Servizo, o consumo descendeu un 90 por cento desde a entrada en vigor do estado de alarma.


 

Noticias web

24/03/2020