CRTVG

Buscar

Cae unha rede en Madrid que distribuía haxix con coches VTC

Publicado o 15/08/2020 10:51

A Garda Civíl detivo cinco integrantes dunha organización dedicada ao tráfico de haxix en Madrid. Na operación logrou incautar 525 quilos da droga no interior dun dos vehículos de aluguer con conductor, os coñecidos como VTC, que utilizaba para distribuíla mercadoría entre os seus clientes.

Os detidos trasladaban a droga desde Huelva a Colmenar Viejo en Madrid nos turismos. Un dos integrantes da rede era administrador de varias empresas de VTC. O seguimento do grupo permitiu interceptar nunha das autovías de entrada a Madrid unha caravana de tres coches: un deles levaba o cargamento dos 525 quilos de haxix en 15 fardos. O líder da organización era un cidadán marroquí con múltiples antecedentes por delictos contra a saúde pública.

 

Noticias web

15/08/2020