CRTVG

Buscar

Cae unha rede de tráfico de droga entre os Países Baixos e España

Publicado o 02/08/2021 08:59
Cae unha rede de tráfico de droga entre os Países Baixos e España

Desartellan unha rede criminal de tráfico de droga entre os Países Baixos e España. Foi unha operación conxunta da Garda Civil e a Policía Nacional que se saldou con 48 detidos e o comiso de importantes cantidades de diversas substancias estupefacientes. Desenvolveuse en 3 fases en que realizaron 35 rexistros en 8 provincias, etre elas A Coruña. Bloquearon ademais ducias de propiedades inmobiliarias e empresas que conformaban o entramado criminal.

Noticias web

02/08/2021