CRTVG

Buscar

Cae unha rede criminal dedicada ao cultivo de marihuana

Publicado o 16/11/2020 08:32

Máis de doce mil plantas de marihuana localizaron os Mossos d'Esquadra durante o rexistro de media ducia de vivendas e naves distribuídas polo territorio catalán.

Un elaborado sistema de produción, con plantas en distintas fases de cultivo, destinadas ao mercado europeo da droga, en que obtiñan, segundo os cálculos dos axentes, catro millóns de euros ao ano. Os Mossos detiveron 16 persoas, todas de nacionalidade albanesa. Dúas ingresaron xa en prisión. Ademais da droga, incautáronse de armas e de cen mil euros en efectivo.


 

Noticias web

16/11/2020