CRTVG

Buscar

Cae unha palmeira no barrio coruñés de Zalaeta, o estado das árbores preocupa aos veciños

Publicado o 20/07/2021 15:24

É o queda da palmeira que se derrubou na mediana de Zalaeta sobre un coche que estaba estacionado e lle causou importantes danos materiais. "Rompeulle o vidro e depois viñeron os bombeiros a cortalo", explican.

O exemplar estaba neste treito en que se acumulan 22 destas plantas procedentes de Nova Zelandia, algunhas delas, segundo os veciños, con risco de caída. "Hai varias que están torcidas e acabarán caendo..."

Por iso lles preocupa a falta de mantemento. Desde o Concello informan de que os técnicos de Medio Ambiente están analizando as causas desta caída e que nos próximos días acudirán á zona para examinar o estado de todos estes exemplares.
 

Noticias web

20/07/2021