CRTVG

Buscar

Cae unha banda que roubaba en albergues de peregrinos do Camiño de Santiago

Publicado o 25/07/2019 18:18

Cae unha banda que roubaba en albergues de peregrinos do Camiño de Santiago. A maior parte dos roubos detectáronse en localidades do Camiño en Navarra, pero o grupo tamén actuou en varios albergues galegos.

A banda desartellada nesta operación, integrada por 12 persoas, dedicábase a cometer furtos en albergues do Camiño de Santiago, principalmente en Navarra. Hai cinco detidos e outros sete imputados, Atribúenlles máis de 100 feitos delitivos nos útlimos 4 meses, algúns deles en albergues das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. A operación, desenvolvida pola Garda Civil e a Policía Foral, permitiu recuperar 66 teléfonos móbiles.

Os membros da banda facíanse pasar por peregrinos e aloxábanse nos albergues. Actuaban pola noite, facilitándolles o acceso ás habitacións a outros compoñentes do grupo, que actuaban rápidamente para facerense con obxectos de valor. Noutros casos aproveitaban as horas de maior afluencia nos albergues. Subtraían xoias, diñeiro, útiles e teléfonos móbiles. O xulgado que leva o caso ordenou o ingreso en prisión do líder da banda, que xa fora detido previamente por cometer furtos no Camiño de Santiago.

 

 

Noticias web

25/07/2019