CRTVG

Buscar

Cae unha banda organizada de tráfico de drogas en Ourense, Pontevedra e A Coruña

Publicado o 20/05/2019 21:09
Cae unha banda organizada de tráfico de drogas en Ourense, Pontevedra e A Coruña

A Garda Civil de Ourense detivo sete persoas de nacionalidade española, dúas delas veciños de Ourense, como presuntas autoras dun delito de tráfico de drogas. Na operación comisaron diversas cantidades de cocaína, anfetamina, marihuana e haxix, destinadas á venda polo miúdo.

Os axentes desartellaron unha rede organizada dedicada ao tráfico de drogas en Ourense, Pontevedra e A Coruña. Nos rexistros domiciliarios realizados nas localidades de Ribadavia, O Milladoiro, Catoira e Boiro atoparon, ademais da droga, cartos en efectivo, teléfonos móbiles, dous coches e útiles para a distribución das substancias.


 

Noticias web

20/05/2019