Cae unha banda en Andalucía que distribuía cocaína en dobres fondos de vehículos
A Garda Civil desmantela unha organización criminal que transportaba cocaína en dobres fondos realizados en vehículos. Na operación os axentes detiveron vinte persoas e incutátonse de 21 quilogramos de cocaína e de 30 de haxix.
A banda utilizaba dobres fondos sofisticados practicados nos vehículos para dificultar a investigación policial. Houbo 17 rexistros domiciliarios en Málaga, Córdoba, Torremolinos e Estepona, onde requisaron máis dun millón de euros en metálico. Bloqueáronse unha vintena de vivendas, dúas prazas de garaxe, trasteiros e 15 vehículos, dous deles con dobres fondos. As investigacións comezaron en xuño cando se tivo constancia das actividades dun grupo asentado en Andalucía que se dedicaba ao tráfico de drogas.
Agochaban a cocaína en dobres fondos sofisticados ocultos en diversas partes dos coches que precisaban unha secuencia de accións para acceder á droga que só coñecía o condutor