CRTVG

Buscar

Cae un poderoso clan do narcotráfico que introducía droga en Europa desde Marrocos por Andalucía

Publicado o 03/04/2021 12:52

A Garda Civil desmantela o clan "Monparlet" con 100 detencións nunha mesma redada antidroga. A organización operaba desde varios puntos de Andalucía proporcionando combustible ás narcolanchas no estreito de Xibraltar e introducíndoas polo Guadalquivir.

Os axentes interceptaron no operativo cinco toneladas de haxix e máis de 300 quilos de marihuana. A rede abastecía outras organizacións delituosas de embarcacións, combustible, comida e tripulación. Ademais, incautáronse tamén de dous camións, material de navegación, informático e de comunicación, abondosa documentación e varias armas.

As investigacións comezaron tras detectaren unha organización que se dedicaba a labores loxísticos e que ademais botaba embarcacións polo Guadalquivir e ocultaba algunhas de alta velocidade. Tamén se localizaron distintas naves en polígonos industriais nas proximidades de Sevilla nas que se realizaban traballos de reparación ou mantemento.



 

Noticias web

03/04/2021