CRTVG

Buscar

Cae parte dunha cornixa en Verín despois de que un camión tirara cuns cables

Publicado o 06/05/2021 13:32
Cae parte dunha cornixa en Verín despois de que un camión tirara cuns cables

Susto esta mañá en Verín ao caer parte dunha cornixa dun edificio en ruínas. Un camión que pasaba pola zona fíxoo coa pluma do semirremolque en alto. Levou por diante os cables. Co movemento, arrastrou tamén algunhas das pedras da parede da casa, que impactaron contra o valo de ferro próximo ao paso de peóns. Por sorte, non pasaba ninguén pola zona, aínda que algún coche si quedou danado. O incidente provocou algúns cortes no servizo de telefonía e na luz dos inmobles próximos.