Cae o PIB en Galicia e sobe a creación de empresas
Publicado o 05/08/2020 22:34

O produto interior bruto de Galicia caeu un 14,9 por cento no segundo trimestre deste ano polo impacto do coronavirus, segundo a estimación que publicou hoxe a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal.
O descenso é inferior ca a media española, e a caída da econmía galega é a cuarta menor entre todas as comunidades.
Hoxe tamén soubemos que no mes de xullo que acaba de rematar constituíronse en Galicia 302 empresas, o que supón un 25 por cento máis ca no mes anterior, o mes de xuño, e un incremento do 4,5 por cento en termos interanuais.