CRTVG

Buscar

Cae en Córdoba unha rede que introducía haxix e cocaína en Francia e Portugal

Publicado o 27/03/2021 12:08

Nunha operación conxunta a Policía Nacional e a Axencia Tributaria desmantelaron unha organización criminal de carácter internacional que introducía grandes cantidades de haxix e de cocaína en Francia e Portugal.

Hai 22 detidos e incautáronse de 4.450 quilos de haxix, máis de 30.000 euros, 10 vehículos, nove motocicletas, 10 móbiles e pezas de xoiería.

Nunha das naves localizadas os axentes encontraron un taller clandestino para fabricar habitáculos ocultos nos remolques onde agochaban e transportaban a droga e as ganancias económicas procedentes do seu tráfico ilícito. Os investigados facíanse cos estupefacientes no Campo de Xibraltar e logo trasladábanos en furgóns ata Córdoba, onde tiñan a infraestrutura precisa para almacenar e camuflar o haxix.

Facían con posterioridade o envío fóra das fronteiras no interior de dobres fondos en camións de gran tonelaxe. A organización, fortemente xerarquizada, integrábana membros de carácter violento, con grandes medidas de seguridade nos desprazamentos e contactos.

Utilizaban tamén sofisticados sistemas de encriptación das telecomunicacións.

Noticias web

27/03/2021