CRTVG

Buscar

Cae dunha altura de dez metros cando fuxía da Garda Civil tras roubar no Porriño

Publicado o 20/02/2020 14:15

Lanzouse ao baleiro sen saber que había unha altura de dez metros tras verse acurralado pola Garda Civil. O home, de 34 anos, entrou en varios negocios do Porriño e foi nun parque de bólas infantil onde o gravaron as cámaras de seguridade.

Canda a Garda Civil se achegou viu como un Seat Panda escapaba do lugar, e iniciouse unha persecución ata a parroquia de Atios. Alí, nunha zona de canteiras, meteu nun lugar moi estreito o coche e, tras ver que a Garda Civil o ía coller, decidiu escapar saltando unha varanda.

Tras o golpe, o mozo, de 34 anos, continuou a fuxida a pé para refuxiarse na casa da súa nai. Finalmente a Garda Civil detívoo, e permanece ingresado na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro polos múltiples traumatismos.

Noticias web

20/02/2020