Momento en que cae a agulla central de Notre Dame
Publicado o 15/04/2019 20:17
A agulla central da catedral de Notre Dame de París caeu este luns devorada por un incendio que afectou boa parte do tellado do templo gótico. As lapas apareceron arredor das 18.50 da tarde, pouco despois da hora de peche ao público do monumento, que se encontraba en obras de restauración.