Cae a maior rede de distribución de cocaína de Madrid cun alixo de 600 quilos
Publicado o 14/03/2021 13:14
Desartellan a maior rede de distribución de cocaína en Madrid.
A operación foi desenvolvida pola Policía Nacional en colaboración con axentes colombianos. Como resultado foron detidas doce persoas e aprehendidos 600 quilos de cocaína.
Segundo os investigadores, era unha organización moi violenta, que contaba cun arsenal de armas, ademais dunha ampla rede de pisos onde agochaban a droga. Tamén dispoñían dun gran parque móbil para realizar as súa actividade delituosa.