CRTVG

Buscar

Cae a compravenda de vivendas coincidindo coa nova lei hipotecaria

Publicado o 06/08/2019 20:06
Cae a compravenda de vivendas coincidindo coa nova lei hipotecaria

A compravenda de vivenda baixou un 19% en xuño coincidindo coa entrada en vigor da nova lei hipotecaria. A caída dos préstamos para mercar inmobles tamén se reduciu un 15% ese mes, en taxa interanual.

A lei hipotecaria está vixente desde mediados de xuño. É unha transposición dunha directiva europea que acumulaba tres anos de atrasos e sobre que había unha ameaza de multa de Bruxelas. Contou co apoio de todos os grupos políticos, agás Podemos, Esquerra Republicana e EH-Bildu.

Noticias web

06/08/2019