CRTVG

Buscar

Cádiz quítalle o nome de Xoan Carlos I a unha rúa

Publicado o 28/08/2020 21:01
Cádiz quítalle o nome de Xoan Carlos I a unha rúa

Cádiz cambiaralle o nome á avenida Xoan Carlos I. A proposta do Goberno local saiu adiante cos votos a favor de Adelante Cádiz e grazas á abstención do grupo socialista, mentres que o Partido Popular e Ciudadanos votaron en contra. A Avenida Xoan Carlos I pasará a chamarse avenida da Sanidade Pública, en recoñecemento ao labor dos sanitarios na crise da COVID-19.
 

Noticias web

28/08/2020