Cada vez son máis os concellos que se unen ás restricións no ocio nocturno
As repuntas na área coruñesa encenderon as alarmas. Xente bebendo nas rúas, en grupos, establecementos con dificultads para conseguir que os clientes respecten as normas sanitarias...
Todo isto converte as noites de ocio na situación perfecta para o incremento dos contaxios. Algúns concellos como o de Porto do Son alegan non poder controlar a situación e solicitan axuda.
Entre os veciños hai opinións para todos os gustos. Algúns defenden a medida, aínda que aseguran que as súas queixas non veñen de agora e outros, comprenden que a mocidade quere gozar.
Por outra banda, aínda que para os hostaleiros é unha situación moi complicada polas perdas económicas que esta situación lles xera, todos apoian a petición.
Algúns mesmo xa o facían antes de que a medida saíra porque cada vez fáiselles máis difícil controlar a capacidade e o cumprimento das medidas, pola chegada masiva de veraneantes.
O que todos comparten é a importancia do cumprimento, tanto por parte dos máis novos como dos maiores, de todas as medidas impostas polas autoridades sanitarias para garantir a nosa seguridade.