CRTVG

Buscar

Cada vez máis turistas optan por viaxar no mes de setembro

Publicado o 03/09/2021 21:57

Os meses de turismo por excelencia son xullo e agosto, pero cada vez son máis os que apostan por viaxar fóra da temporada alta. Setembro é un dos meses con máis vantaxes para os viaxeiros.

A maioría dos viaxeiros collen as súas vacacións en xullo ou agosto, sexa por decisión ou por imposición laboral. Pero cada vez son máis os que optan por setembro, un mes que aínda garante bo tempo e que goza de moitas vantaxes para o turista.

A tranquilidade é un dos puntos a favor para os que buscan fuxir de grandes aglomeracións ou de ter problemas á hora de facer reservas hoteleiras ou de vehículos.

Pero hai máis motivos: a temperatura nos lugares que son cabeceira turística é moito máis agradable que nos meses de verán, ademais de evitar as ringleiras de espera para moitas actividades e visitas.

Por todo isto setembro é un dos mellores meses para viaxar. As axencias de viaxes teñen aproximadamente un 70 por cento das reservas co destino das illas Canarias como favorito en España e despuntando a illa da Madeira en Portugal.

Noticias web

03/09/2021