CRTVG

Buscar

Cada ano nos felicitamos máis e máis virtualmente

Publicado o 01/01/2019 21:34

Nesta xornada de Ano Novo, para moitos toca desconexión, pero non desconectar do móbil. Estas horas moitos aprovéitanas par ler, mirar, responder, reenviar ou borrar algunha ou todas das moitas e cada vez máis felicitacións de cambio de ano recibidas, cada vez máis e máis virtualmente.

Chegan poucas postais xa por correo electrónico, ben poucas sms e contados correos electrónicos, xa para felicitarnos o Ano Novo, pero cada vez máis e máis virais son as que chegan vía redes sociais e sobre todo vía aplicacións de telefonía móbil de conversa.

Moitas, sobre todo certos vídeos, convértense ata en virais. Hainos tenros e ousados, críticos ou corporativos, pero sobre todo humorísticos.

Este comezo de ano, un dos máis vistos é un no que Trump fala en galego e nos ilumina coas luces de Vigo. Pero tamén son moitos os estritamente galegos e en galego, que chaman ás raíces, ás tradicións e ás tendencias máis actualmente galegas.

Con estas ou outras mensaxes, tamén nós queremos desexarlles un Feliz 2019.

Noticias web

01/01/2019