Caballero inclúe a Touriño e González Laxe no comité de reconstrución
Publicado o 03/05/2020 14:06
Os ex-presidentes galegos Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe integrarán un comité de reconstrución da economía galega para elaborar propostas destinadas a retomar a actividade. Anunciouno o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero.
Caballero, economista de carreira, anunciou esa iniciativa co fin de deseñar unha "nova política económica ao servizo da cidadanía e para a Galicia do futuro".
O comité de expertos deberá dar unha resposta ás necesidades de Galicia e orientará as estratexias logo da crise derivada da pandemia do coronavirus.