Caballero recrimínalle a Feijóo que non defenda a ampliación do estado de alarma
Publicado o 05/05/2020 15:01
Pola súa banda, o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, apostou por prorrogar o estado de alarma para que haxa, dixo, unha resposta coordinada fronte ao coronavirus.
Caballero afeoulle ao presidente da Xunta que non defenda a ampliación, porque di que é un mecanismo fundamental para defender os cidadáns.