CRTVG

Buscar

Caballero reclama "unha carta de cidadanía" cos mesmos dereitos para o rural

Publicado o 21/09/2021 16:45

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, achegouse hoxe ata o concello lugués de Navia de Suarna. Un municipio na comarca dos Ancares de pouco máis de mil habitantes. Alí reclamou máis servizos e apoios para os pequenos concellos do rural.

"A Xunta ten que apoiar os concellos do rural, necesita apostar pola Sanidade Pública, polos servizos, pola conexión a Internet, non podemos ter un Goberno da Xunta que se esquece dos concellos do interior, dos concellos pequenos", dixo Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

Noticias web

21/09/2021