Caballero pídelles un último esforzo aos progresistas para quitar a Feijóo da Xunta
Publicado o 10/07/2020 15:21
Último día de campaña e a caravana socialista recibe esta tarde por terceira vez a visita do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
Gonzalo Caballero estivo esta mañá en Pontevedra e tamén en Lugo, onde se reuniu con alcaldes socialistas. Pide un último esforzo ao electorado progresista para quitar a Feijóo da presidencia da Xunta.