Caballero pide unha "mobilización" para que o "PSOE acade un resultado potente"
O PSdeG celebra arestora un mitin en Ourense en que participa o ministro de Exteriores e número un do PSOE aos comicios europeos. Borrell participa no acto do PSdeG. O PSDG-PSOE desenvolve arestora o seu mitin en Ourense. Caballero foi recibido por simpatizantes e militantes ás portas da facultade de ciencias do Politécnico onde veu acompañado polo Ministro de Asuntos Exteriores Josep Borrell.
Gonzalo Caballero, PSOE: "En contacto coa cidadanía querémoslles trasladar ás viguesas e aos vigueses a importancia dunha mobilización masiva nesta cidade para conseguir que o PSOE acade un resultado electoral potente, que faga que Pedro Sánchez siga sendo o presidente da maioría e cunha maioría de deputados"
Pedro Sánchez en Castellón
En Castellón, o candidato socialista á Presidencia do Goberno estivo acompañado polo cabeza de lista ás eleccións valencianas. Sánchez defendeu os investimentos comprometidos nesa comunidade. Tamén destacou o feito nos 10 meses de Goberno, e pediu que os votantes imaxinen o que podería facer con máis deputados.