CRTVG

Buscar

O líder do PSdeG pídelle á Xunta que "non tente facer caixa" co ingreso mínimo vital

Publicado o 25/06/2021 19:48

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reuniuse este venres co ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, para abordar a situación do ingreso mínimo vital (IMV).

Tras a xuntanza, o líder dos socialistas galegos pediulle ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que non pretenda “facer caixa co IMV” pedindo a xestión desta prestación cando non atende as solicitudes da axuda autonómica, a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga).

Gonzalo Caballero incidiu en que “a Xunta ten que dedicar todos os fondos que aforra na Risga ás persoas máis desfavorecidas e vulnerables”, a través de “programas complementarios para evitaren a pobreza e a desigualdade e para protexer as familias”.

Noticias web

25/06/2021