Caballero e Simancas insisten en que non hai outra alternativa de Goberno á de Pedro Sánchez
Publicado o 09/08/2019 15:10
Dende o PSdeG insisten na necesidade de desbloquear a investidura de Pedro Sánchez para ter canto antes un goberno, din, que aborde os problemas dos galegos.
Nunha xuntanza de traballo en Ourense, á que acudiu o secretario socialista no congreso, Rafael Simancas, insistiron en que non hai outra alternativa de goberno e instaron a todos os grupos a respectar o que se votou o 28 de abril.