CRTVG

Buscar

Caballero di que "as portas están abertas" para López Orozco e Besteiro no PSdeG

Publicado o 05/02/2021 15:57

Primeiras reaccións de Gonzalo Caballero despois de que a xustiza arquivara a causa contra Xosé Ramón Gómez Besteiro, exlíder dos socialistas galegos, pola construción das torres do Garañón.

O secretario xeral dos socialistas abriulle as portas do partido tanto a el como a López Orozco, exalcalde de Lugo.

"Traballarei para que todos aqueles compañeiros e progresistas que queiran traballar por unha Galicia mellor, con lealdade á dirección federal e á dirección galega, teñan o espazo, e desde logo eu recoñezo o gran traballo dun magnífico Orozco como alcalde de Lugo e o gran traballo tamén de Besteiro cando foi presidente da Deputación de Lugo. As portas están abertas".

Noticias web

05/02/2021