CRTVG

Buscar

Caballero congratúlase de que a Xunta anuncie axudas á hostalería logo de que o PSdeG presentase o seu propio plan

Publicado o 22/01/2021 13:21

O PSdeG felicítase de que a Xunta anunciase novas axudas para o sector turístico. Un anuncio que chega xusto despois, segundo Gonzalo Caballero, de que os socialistas presentasen o seu propio plan de axudas nunha xuntanza co Clúster do Turismo de Galicia.

Ademais, o secretario xeral do PSdeG, anunciou que o seu partido levará ao Parlamento de Galicia unha iniciativa para que a Xunta "implemente un plan para reforzar o persoal sanitario no sistema público de saúde", co obxectivo de que "as vacinas que cheguen a Galicia sexan usadas coa maior celeridade posible".

Caballero fixo estas declaracións en Vilalba, a onde viaxou esta mañá para reunirse coa súa alcaldesa, Elba Veleiro, e coñecer de primeira man a situación do municipio, que se mantén no nivel máximo de restricións por mor da incidencia da pandemia.

Noticias web

22/01/2021