Caballero comprométese a reforzar a dixitalización no ensino público
Publicado o 17/06/2020 15:21
O candidato socialista estivo en Vigo para apoiar os homes e mulleres que van na lista electoral da provincia de Pontevedra. Gonzalo Caballero mantivo un encontro con eles, ao que tamén se sumou o seu tío e alcalde de Vigo.
Caballero destacou a partida de 2.000 millóns de euros que vai repartir o Goberno central entre todas as comunidades. Deben servir, dixo, para reforzar a educación pública e a necesaria dixitalización.