CRTVG

Buscar

En globo, en barco ou en helicóptero: así chegaron os Reis aos diferentes recunchos de España

Publicado o 05/01/2021 21:14

Melchor, Gaspar e Baltasar cumprirán coa súa misión esta noite malia pandemia. Cambiaron o seu tradicional medio de transporte pero conseguiron chegar a todos os lugares de España. Fixérono en globo en Andalucía, en barco e en avión ,en Cataluña ou en helicóptero na Rioxa Este ano non houbo as tradicionais cabalgatas. Non se puideron pasear polas rúas das cidades nas súas carrozas acompañados de fanfarrias, pero os Magos de Oriente botáronlle imaxinación para poder saudar os rapaces e recoller as últimas cartas.

"Nós estamos acostumados aos camellos pero este ano viñemos noutro elemento, que é o globo. Víase a todos os nenos nas terrazas coas cartas e saúdando. Así que esta noite a durmir axiña que temos unha gran noite", di o rei Baltasar.

Melchor, Gaspar e Baltasar aseguran que van ter moito traballo para que esta noite siga a ser a da maxia e a ilusión.

Noticias web

05/01/2021