C. Tangana ofrécese para compoñer o himno do centenario do Celta
Publicado o 19/02/2021 13:52

C. Tangana quere compoñer o himno do centenario do Celta. O trapeiro madrileño, confeso celtista, interveu nunha enquisa en que suxerían diferentes artistas para facer a canción e preguntou se "podía intentalo".
O seu comentario non tardou en ter centos de reaccións nas redes. O sentimento celtista é algo que asegurou en varias ocasións. O celtismo venlle por parte do seu pai, que é vigués.