Busquets dá negativo na última PCR e reincorpórase á selección
Publicado o 18/06/2021 14:04
O capitán da selección deu negativo na PCR e xa está de novo na concentración. Non xogará mañá ante Polonia, pero si viaxará xa co equipo esta tarde a Sevilla.
Busquets estivo asintomático e adestrouse na casa durante estes días, seguindo un plan de traballo específico.
Peza chave para Luis Enrique, podería ser titular no terceiro partido, o próximo mércores ante Eslovaquia.