CRTVG

Buscar

Buscan dúas persoas por estafar varios maiores da Fonsagrada ofrecéndolles unha falsa vacina contra a covid-19

Publicado o 26/10/2020 22:34

Viñan de Asturias e, ao parecer, tentaron estafar varias persoas maiores tanto nesa comunidade como no concello lugués da Fonsagrada. A Garda Civil busca dúas persoas que pedían cartos a cambio de subministrar unha falsa vacina contra a covid-19.

Os veciños deste concello lugués están indignados por esta estafa, aproveitando un tema tan sensible. Por iso, reclaman medidas.

Polo momento, non transcendeu se os estafadores lograron o seu obxectivo con algunha das súas vítimas. Malia que, segundo algúns veciños, xa fuxiron da zona ao decatarse de que eran perseguidos pola Garda Civil, o Concello da Fonsagrada pediu extremar as precaucións para que ninguén se converta en vítima desta estafa.

Noticias web

26/10/2020