Buscan unha peregrina de orixe italiana que se perdeu no Cebreiro
Publicado o 18/09/2019 21:41
As forzas de seguridade e os servizos de Emerxencias buscan unha peregrina que se perdeu pola zona do Cebreiro. A muller, de nacionalidade italiana, desviouse nalgún lugar entre Vilafranca do Bierzo e O Cebreiro preto do mediodía. Foi ela mesma quen alertou o 112, pero non deu precisado a súa localización. Só dixo que non podía seguir camiñando porque tiña moita dor nas pernas.
A Garda Civil, membros do GES de Becerreá e efectivos de Protección Civil de Sarria e da Fonsagrada tratan de dar con ela.