CRTVG

Buscar

Buscan unha muller de 52 anos que desapareceu en Ferrol

Publicado o 14/09/2021 10:27

En Ferrol buscan unha muller que leva desaparecida dende o luns. É unha veciña de Santa Mariña, segundo alertou a Asociación SOS Desaparecidos, que foi a que difundiu o cartel coa súa imaxe. A última vez que foi vista antes de perderlle a pista, o luns, a muller levaba posto un chaquetón granate e un bolso negro. Ten 52 anos, mide un metro 63 de estatura e ten o pelo moreno.

Se algunha persoa pode achegar algún dato sobre o seu paradoiro pode poñerse en contacto coa Policía Nacional, a Local ou a Garda Civil, ou mesmo chamar aos teléfonos que ten habilitados para estes casos a Asociación SOS Desaparecidos. Tamén pode achegar calquera outra información relevante ao enderezo de correo electrónico info@sosdesaparecidos.es. Polo momento, estes son os datos dos que dispoñemos, pero trataremos de achegar máis en próximos servizos informativos.

Noticias web

14/09/2021