Buscan unha decena de inmigrantes desaparecidos tras naufragar un caiuco en Lanzarote

EFE
EFE
Dúas embarcacións e un helicóptero de Salvamento Marítimo buscan a 5 quilómetros ao leste de Lanzarote entre 10 e 11 inmigrantes de orixe magrebí que desapareceron esta noite ao naufragar o seu caiuco pouco antes de que chegase a eles unha embarcación de rescate, segundo informaron fontes do servizo publico 112 e o Consorcio de Emerxencias da illa.
O primeiro barco en intervir, o Salvamar Al Nair, atopou o caiuco semiafundido sobre a 1:20 horas, ao acudir a comprobar un eco de radar, e conseguiu rescatar 28 persoas que xa estaban na auga -24 homes, 2 mulleres e 2 menores-.
Os sobreviventes do naufraxio contaron a Cruz Vermella e aos servizos de emerxencia que saíran desde a localidade de Safi (Marrocos) hai seis días e que faltaban entre 10 e 11 compañeiros, tres deles menores.