CRTVG

Buscar

Buscan unha cadela de raza galgo desaparecida en Lugo

Publicado o 12/01/2021 14:57

En Lugo, buscan unha cadela de raza galgo desaparecida o mércores pasado. Foi adoptada nunha protectora de Madrid e chegou a Lugo o día cinco.

O seu propietario só puido gozar dela un día, porque en Reis escapou nun descoido no barrio de Acea de Olga.

Distribuíu máis de 200 carteis de busca e recibiu chamadas de persoas que a viron, pero ningunha nova noticia dende o domingo.

 

Noticias web

12/01/2021