CRTVG

Buscar

Buscan un neno de Morón desaparecido dende a fin de semana

Publicado o 16/09/2021 15:06

As forzas de seguridade buscan sen descanso a Antonio, un neno de 15 anos e mobilidade reducida natural de Morón. Foi visto por última vez o domingo neste hotel de Talavera de la Reina coa súa nai, pero o luns, cando os axentes identificaron a muller nunha gasolineira de Segovia, está viaxaba soa e manifestaba que matara o menor.

A muller manifestou despois que o neno falecera e que ela o tirou a un colector en Madrid. A policía, que xa analizou tamén a súa vivenda de Morón, intenta agora verificar o seu testemuño. Nas últimas horas a policía localizou o móbil da muller nun colector nas proximidades da súa vivenda de Sevilla.

Noticias web

16/09/2021