CRTVG

Buscar

Buscan un home desaparecido desde o venres pasado en Vigo

Publicado o 23/06/2019 17:12
Buscan un home desaparecido desde o venres pasado en Vigo

A asociación SOS Desaparecidos emitiu esta tarde a alerta de busca dun veciño de Vigo, Jesús Manuel Macías Patiño, coñecido como Suso, de quen non se ten noticia do seu paradoiro desde as doce do mediodía do venres. 

Suso, de complexión forte, con barba e ollos castaños, vestía un polo gris. Mide 1,70 m. e os seus familiares piden que se avise a Garda Civil ou Policía Nacional de calquera noticia que se teña sobre el.