Buscan un home de 38 anos desaparecido en Mos desde o mércores
Publicado o 30/09/2021 18:12

EP
Os familiares e achegados de Elvis Fernández Rodríguez, de 38 anos, solicitan axuda para dar co seu paradoiro despois de ser visto por última vez o pasado mércores no municipio pontevedrés de Mos. Segundo a descrición achegada por SOS Desaparecidos, trátase dun home de 1,70 metros de estatuta e complexión delgada. Ten o pelo moreno e unha tatuaxe tribal no brazo dereito. Elvis Fernández foi visto por última vez o pasado 29 de setembro na parroquia de Herville, en Mos.
DESAPARECIDO#desaparecido #sosdesaparecidos #Missing #España #Mos #Pontevedra pic.twitter.com/RufKAJtVGH
—