CRTVG

Buscar

Localizan un ancián de Vilamartín de Valdeorras que faltaba da casa desde onte

Publicado o 04/01/2021 09:55
Localizan un ancián de Vilamartín de Valdeorras que faltaba da casa desde onte

A Garda Civil da Rúa montou un dispositivo de busca para tratar de localizar a Antonio García Fernández, de 89 anos, residente na Portela, en Vilamartín de Valdeorras. 

Esta mañá foi localizado con vida nunha viña próxima á súa vivenda. O home estaba desorientado e foi trasladado ao hospital de Valdeorras.

Na última comunicación que se mantivera con el dixo que estaba desorientado. O home faltaba da casa desde as sete e cuarto da tarde do domingo.

O home vivía só no Barco, pero desde o primeiro de ano estaba pasando uns días coa súa irmá e unha sobriña na Portela.

Ás oito da tarde puideron contactar con el por teléfono, momento en que comentou a súa situación, pero desde entón non había máis datos.